Skip to main content

Organizamos eventos durante todo o ano

En ACOSEDE celebramos numerosos eventos para expoñer, informar e debater información acerca de asuntos de actualidade que atinxen ao sector asegurador no seu conxunto. As xornadas de formación, os foros, os xantares e as ceas con distintas organizacións marcan o calendario de actividades da nosa asociación.

Unha asociación moi activa

EVENTO
LUGAR
DATA
BARÓMETRO
Hotel Hesperia
Febreiro
PREMIOS ESTRELA
Hotel Hesperia
Abril
FOROS E XANTARES
Hotel Hesperia
Maio e outubro
CEA ANUAL
Restaurante In Zalacaín
Maio

Barómetro ADECOSE

Data: febreiro / Lugar: Hotel Hesperia

O Barómetro ADECOSE é un estudo que realizou ADECOSE centrado na avaliación do nivel de satisfacción dos profesionais que integran as corretorías asociadas a ADECOSE acerca de múltiples aspectos da relación coas compañías.

Este Barómetro é o único estudo destas características que existe no sector asegurador español, así que se sitúa como un referente no mercado.

Ver máis

Premios Estrela

Data: abril / Lugar: Hotel Hesperia

As nosas ESTRELAS ADECOSE premian todos os anos as compañías que obtiveron os mellores resultados no Barómetro ADECOSE.

Estes galardóns son unha iniciativa destinada a premiar o compromiso das compañías coa calidade e a excelencia. Nacen coa determinación de perdurar no tempo e de converterse nunha marca de prestixio para a entidade que os recibe.

A Asociación entrégalles as Estrelas ADECOSE ás compañías premiadas en tres categorías: bronce, prata e ouro.

Estrela de Bronce

Concédese á compañía que obtén a mellor valoración nos distintos sectores de actividade.

Estrela de Prata

Concédese ás empresas que obteñen unha valoración superar a 7 en Servizo global.

Estrela de Ouro

Concédese ás empresas que obteñen máis dun 7 en Servizo global e que forman parte das nosas iniciativas.

Ver máis

Foros e xantares

Data: maio e outubro / Lugar: Hotel Hesperia

Os foros ADECOSE celébranse dúas veces ao ano e reúnen a actores importantes do sector para intercambiar opinións sobre temas de absoluta actualidade e interese tanto para os asociados como para as compañías partners.

Ao tempo que se celebran os foros e outras actividades, organízanse xantares para que os asociados e os partners incentiven o contacto comercial.

Ver máis

BARÓMETRO ADECOSE

Un informe de prestixio e de referencia no mercado asegurador. Bótalle unha ollada aos resultados e ás conclusións do derradeiro informe.

Ver informe do Barómetro

Cea Anual

Data: maio / Lugar: restaurante IN ZALACAÍN

A cea anual ADECOSE é un momento de intercambio que lles brinda aos actores principais do mundo asegurador a oportunidade de relacionarse nun ambiente relaxado, lúdico e profesional.

Conta coa presenza de entidades públicas e privadas, da DXSFP, das direccións das principais aseguradoras e das entidades máis representativas do sector. Este encontro reúne uns 450 asistentes cada ano, polo que xa se converteu nun evento de referencia do sector en España.

Ademais, nesta gala faise entrega do Premio Anual ADECOSE, que distingue as empresas, entidades ou persoas relevantes que conseguiron notoriedade na vida pública.

Retransmitirmos os nosos eventos en directo

Non perdas ningún evento.

Ver a presentación do Barómetro 2019