Impulsamos iniciativas do sector asegurador e participamos nelas
Estándar EIAC
EIAC é un estándar de intercambio de información entre aseguradoras e corretores que normaliza todas as comunicación entre ámbolos dous actores e mellora a produtividade e a competitividade. Este sistema ofrece grandes vantaxes:
- Proporciona unha eficiencia maior posto que reduce tempos e custos e mellora a calidade do servizo.
- Garante a fiabilidade da información que se comparte entre corretorías e aseguradoras.
- Permite dispoñer das cifras de negocio de cada corretor en tempo real.
Proyecto CIMA
O estándar EIAC non sería posible sen a Plataforma de Conectividade e Servizos CIMA. Trátase dunha plataforma básica para acelerar a súa aplicación, coñecer a situación real da utilización deste estándar, verificar a calidade da información que se intercambia e garantir o cumprimento dos seus formatos e normas de uso.
Fomentamos a Guía para o procesamento de datos de clientes do corretor
A guía de prácticas recomendadas Principios sobre o procesamento de datos de tomadores de seguros en pólizas que intervén o corretor de seguros ás entidades aseguradoras establece unhas bases orientativas para o procesamento de datos dos tomadores de seguros que fan as entidades aseguradoras.
A meirande parte das entidades aseguradoras adheríronse a esta guía, que ten o obxectivo de fomentar a transparencia e a confianza na relación entre ambas partes, mantendo sempre a referencia do corretor ou da corretoría perante o seu cliente.
Redactamos acordos únicos no mercado
Cartas de Condicións
ADECOSE negocia estes acordos de colaboración con carácter exclusivo con aseguradoras que representan o 90 % das primas intermediadas polos asociados. Estes enmárcanse nos pactos que as aseguradoras e as corretorías acordan libremente e que rexen as relacións entre ambas partes de conformidade coa normativa de distribución de seguros.
As Cartas de Condicións permiten que as aseguradoras e as corretorías asociadas que así o subscriban de forma voluntaria senten uns principios básicos de actuación nun marco de confianza e seguridade xurídica. Estes contratos establecen, entre outros logros, un criterio único no cambio da posición mediadora nunha cuestión que suscita tanta controversia.
Guías de sinistros
A Guía de Prácticas Recomendadas na Xestión de Sinistros que redactou ADECOSE establece un decálogo de obrigas para as aseguradoras e as corretorías da Asociación.
Esta guía implica a obriga de que ambas partes cumpran unhas determinadas regras de estrutura, operativa e información na xestión do sinistro co único obxectivo de ofrecerlles o mellor servizo aos clientes.