Skip to main content

Por que asociarse a ADECOSE?

As nosas corretorías asociadas poden gozar de grandes beneficios

Documentación e informes

Elaboramos guías, informes, acordos e documentación xurídico-práctica de interese para os nosos asociados. Entre esta información destacan as nosas Cartas de Condicións.

Servizos internos

Permanecemos en contacto constante co asociado para resolver consultas e proporcionar actualizacións lexislativas e resolucións xudiciais.

Relacións institucionais

Intervimos en conversas con reguladores nacionais e europeos para influír en materias lexislativas desde o principio da súa elaboración.

Comunicación

Intervimos na comunicación interna e externa para manter os nosos asociados informados acerca das últimas novidades do sector asegurador.

Formación

Ofrecémoslles aos profesionais das corretorías asociadas un Programa de Desenvolvemento Directivo con diversas materias encamiñadas a fomentar o seu desempeño en postos de dirección.

Servizos externos

Fornecemos servizos de atención ao cliente, prevención do branqueo de capitais e formación obrigatoria en mediación de seguros.

Requisitos para

asociarse a ADECOSE

1

Normativa

Cumprir os requisitos da normativa legal vixente para o exercicio da actividade.
2

Dirixir un escrito

A Sociedade membro deberá dirixir un escrito á Asociación no que se designe a persoa que a representará a todos os efectos.
3

Insfraestructura

Dispoñer da infraestrutura necesaria para o exercicio libre e independente da súa actividade.
4

Experiencia mínima

Esíxese que a corretoría ou a persoa que a representa conte unha experiencia profesional de TRES ANOS como mínimo.
5

Cota

Aboar a cota de entrada que estableza a Xunta Directiva.
6

Compromiso

Asumir o compromiso de cumprir o Código de Conduta da Asociación.

Ponte en contacto connosco para obter máis información acerca de asociarse a ADECOSE





    Descarga os nosos estatutos

    Estatutos ADECOSE (PDF)