Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestra web mediante el análisis de tu navegación en nuestro sitio. Si continuas navegando, consideraremos que aceptas su uso. Para más información, consulta nuestra Política de Cookies.

X

Adecose

Asociación Española de Corredurías de Seguros

Misión

Defender os intereses das corredorías de seguros

ADECOSE é unha asociación independente fundada en 1977 co obxectivo de defender os intereses das corredorías de seguros. Agrupa empresas líderes do sector da mediación de seguros cuxo común denominador é a súa estrutura e capacidade competitiva.
A categoría profesional e empresarial dos seus asociados e a súa activa participación permiten a ADECOSE influír no sector da mediación de seguros e consolidarse como interlocutor cualificado ante a Administración e o mercado asegurador.

Visión

Profesionalización do sector da mediación

O panorama actual esixe unha nova cultura de xestión do risco empresarial que require unha maior profesionalización, transparencia e independencia e máis información e protección ao consumidor.

Obxectivos

Defensa dos intereses dos asociados

Representar e exercer a defensa común dos intereses das corredorías asociadas, respecto da Administración e a outros sectores económicos e sociais, de acordo coas normas contidas nos estatutos.

 

 

Innovación e internacionalización

Promover a innovación no sector da mediación de seguros e a creación de servizos e redes de carácter internacional que permitan a interrelación e intercambio empresarial.

Ampla representatividade

Servir de canle de expresión da vontade común dos seus asociados, fronte aos diversos organismos da Administración Pública e o mercado asegurador, así como ante calquera entidade de ámbito internacional.

Pór de relevo a función da corredoría de seguros n

Difundir as funcións da corredoría de seguros en relación co asesoramento na xerencia de riscos e que se recoñeza o seu valor ante á sociedade en xeral.

Valores

Obxectividade, ética, transparencia e servizo

Estes valores fundacionais, xunto aos principios de liberdade e independencia, son os alicerces do Código de Conduta de ADECOSE que todo asociado ha de asumir.

 

Obxectividade

Realizar unha análise profesional dos riscos que permita asesorar ao cliente sobre a cobertura dos seguros que mellor se adecúe ás súas necesidades.

 

 

 

 

 

Ética

Manter os máis altos estándares na actividade profesional e proporcionar en todo momento información clara, veraz e honesta.

Transparencia

Informar ao cliente sobre os seus dereitos e obrigacións en relación cos contratos subscritos, e promover a transparencia nas súas relacións con este e o mercado asegurador.

Servizo

Ofrecer un servizo de calidade engadindo valor ao cliente a través dunha rede de profesionais expertos no seu sector.